Sergio: "Non me sorprendería que xogase Yoel"


Foto: Marta G. Brea 
Sergio Álvarez podería perde-la titularidad mañá se Paco Herrera decide confiar en Yoel despois de que este se recuperase da lesión que o mantivo afastado do equipo nas derradeiras semanas. O "Gato de Catoira" asegurou en rolda de prensa non coñecer todavía a decisión do míster: "O que fai normalmente e dar o equipo antes do partido. O que teña a oportunidade tratará de facelo o mellor posible". Sergio asegura que non lle sorprendería ser suplente: "Non me sorprendería. Yoel estabao facendo moi ben cando tivo a mala sorte de lesionarse", suliñou. 

Unha decisión compricada a de Herrera que terá que decidir entre un porteiro que se lesionou cando acumulaba unha xeira de máis de 500 minutos sin encaixar gol, e outro que defendei o seu posto durante a lesión de Yoel mantendo o nivel do porteiro teóricamente titular. Nese sentido, Sergio entende que "Agora mesmo calquer decisión que tome será inxusta, pero debemos mirar polo ben do equipo e non as situacións persoais, que o equipo gañe beneficianos a todos", asegurou o canteirán, que prefiere evadirse un pouco nas últimas horas da posible decisión que tome o técnico celeste: "Intentarei non agobiarme con iso nin pensar moito neste tema. O traballo facemolo todolos días e non debe obsesionarme con iso". 

Herrera asegurou que o porteiro que xogue ante o Cartagena farao tamén no derbi. Precisamente dese partido se está a falar demasiado, obviando cecáis o choque de mañá. Sergio cree que no vestiario só se pensa no Cartagena: "No vestiario non se falou nada do Deportivo. Pensamos no Cartagena, que será un partido moi duro, e a partir de ahí xa se falará do derbi. Estamos moi mentalizados para acada-los tres puntos que son moi importantes e será moi difícil", finalizou. 

0 comments:

Publicar un comentario