![]() |
Foto: Ricardo Grobas |
Tras perderse o partido en Huesca por sanción, todo apunta a que Roberto Lago regresará o próximo domingo ao once inicial. O lateral esquerdo vigués compareceu esta mañana en rolda de prensa para comentar a actualidade celeste. "As sensacións son diferentes respecto ao ano pasado, as cousas van mellor. O equipo vese enteiro e penso que non hai pantasmas", asegurou. Ademais, declarou que "pensamos só no Vilarreal B, que é o partido mais próximo e por ende o máis importante. Do Deportivo só lemos, non falamos".
En relación co último encontro, considerou que o equipo tivo mala sorte. "Entramos moi ben no partido, pero eles encontráronse cun gol. Tivemos 20 minutos de dúbidas, pero logo dominamos no segundo tempo. Parecía que non quería entrar o balón e ao final entrou a máis difícil", declarou. "É un punto moi valioso", concluiu.
Doutra banda, respecto ao próximo partido, o do Calvario destacou que o filial castellonense chega no mellor momento da temporada a Balaídos. "Ogallá sigamos contando co apoio da afección. Os partidos de Balaídos poden garantizar o ascenso, polo que é moi importante gañar na casa", asegurou. "É moi importante contar co alento da xente, non sei si clave pero sí fundamental para acadar o obxectivo", insistiu.
0 comments:
Publicar un comentario