![]() |
Foto: Ricardo Grobas |
Queco Piña, recente fichaxe do Celta para reforzar a portería do filial, compareceu esta mañá en sala de prensa para comentar as súas impresións no seu retorno a Vigo. "Volvo a casa tras dez anos fóra, e fagoo con moita ilusión", afirmou. "O certo é que me sorprendeu moito a chamada do Celta, pero un ten que estar preparado para estas cousas".
O cancerbeiro, que estaba a vivir unha situación complicada -sen equipo e adestrando co Racing de Ferrol- recoñeceu que o seu desexo sempre é xogar o máis arriba posible, mais que era consciente de que, salvo sorpresa, ía desempeñar as súas funcións no Celta B. Amosouse optimista de cara a poder entrar na convocatoria do próximo domingo, aínda que non quixo asegurar se ía a ser titular: "esas son cousas do míster", comentou.
Por último, admitiu que o retorno a Casa Celta estaba sendo moi especial para el. "Ao chegar a Barreiro, puxéronseme os pelos te punta, xa que teño moi bos recordos da miña etapa anterior: a Copa Federación, o ascenso...", asegurou o gardarredes coruñés.
0 comments:
Publicar un comentario