![]() |
Foto: Marta G. Brea |
Para o santiagués, a clave foi que "saímos un pouco durmidos, moi espesos co balón, en Balaídos, que é un campo grande, temos que ter máis o balón e movelo máis rápido. Na segunda parte houbo un cambio de actitude", apuntou. A xogada polémica foi un posible penalti de Oier na área céltica, pero Túñez, como bo defensa, bota balóns fora: "Non é penalti, que vou dicir... tiña o brazo pegado, pode pitalo como no".
Túñez cre que a Liga está máis igualada que nunca: "Co cambio do formato da Liga, todos queren xogar por iso. Os equipos saben que teñen posibilidades e apretan moito. Na segunda volta hai equipos loitando por non descender ou por ascender, e sabemos que será moi difícil puntuar en cada partido. Hai que gañar os equipos de abaixo e tamén os grandes, que é onde se gaña o ascenso", explicou.
A preguntas de Luis Timiraos, Túñez quixo restar importancia á baixa asistencia que houbo en Balaídos: "Entendo ao afeccionado, é un venres pola noite. Moitos saían de traballar, en Citroën, a esas horas, hai cambio de turno. Moitos celtistas que traballar alí non puideron vir. Entendo á afección, pero é certo que este ano temos pouca afección. Pediríalle que viñeras porque temos un proxecto bonito para ascender".
0 comments:
Publicar un comentario