Sergio: "Xogue quén xogue, o nivel non se vai resentir"


Foto: Eugenio Álvarez

O Celta adestrouse esta mañá nas instalacións deportivas da Madroa. Sergio Álvarez compareceu en rolda de prensa unha vez rematada a suave sesión que plantexou Paco Herrera. O gardamallas de Catoira será un dos titulares en Cornellá, onde o martes defenderá o Celta a súa continuidade na Copa do Rei. Sergio cre que a eliminatoria "chega viva. O resultado do martes non é que fose demasiado positivo, pero saíremos ó partido coa eliminatoria ao 50%", suliñou. "Se facemos un bo partido e estamos concentrados podemos facerlles moito dano, aproveitando as nosas virtudes". 

Sergio non cre que o equipo troque moito en función dos xogadores que decida aliñar Herrera: "Agora mesmo, calquer xogador da plantilla vaino facer con tódalas garantías. Xogue quén xogue, o nivel non se vai resentir", explicou o canteirán que quixo destacar a melloría defensiva do equipo: "Levamos unha dinámica positiva en ese aspecto, e débese sobre todo ó traballo que estamos facendo todos. Sabíamos que tiñamos que mellorar e estamolo facendo. Se mantemo-la portería a cero, coa xente que temos arriba, estamos máis preto da victoria".

Enfronte estará o Espanyol, un equipo de Primera. Sergio cre que, con humildade, se lle pode plantar cara ao conxunto de Pochettino: "Xogue quen xogue vannos poñe-las cousas compricadas. A elles interesalles estar na Copa, así que vai ser complicado", apunta Sergio, que destaca o feito de "xogar nun campo de Primeira, un campo novo e bonito", sinala. "O obxectivo é intentar marcar un gol para obrigarlles a marcar dous. Hai que saír tranquilo, ese gol pode chegar en calquer momento". Para finalizar, Sergio recoñecen que non lle da medo ningún xogador: "Medo ninguén, tal vez respecto por algún xogador como Sergio García, pero medo non, temos que mirarnos a nós mesmos e saír coa idea de poñerlle-las cousas difíciles". 

 Sigue a moiceleste.com en Twitter y facebook

0 comments:

Publicar un comentario