Vila: "Xogue quen xoge, o importante é o equipo"


Jonathan Vila compareceu esta mañá en rolda de prensa. O de Porriño non será titular mañá, segundo adiantou Herrera. Vila asume que isto pode pasar: "Eu traballo para estar cada fin de semana no equipo titular pero a decisión é do míster. O importante é o equipo, xogue quén xoge, o importante son os tres puntos", manifestou o zagueiro celeste, que recoñece que non estivo ben ante o Las Palmas: "Hai días bos e días malos. No último partido que xoguei non estiven nada acertado. Hai que analiza-lo partido, pasar páxina e traballar para estar a tope para o seguinte", sinalou.

O de Porriño asegura que o equipo afronta este partido con "enerxías renovadas" tra-la derradeira victoria de Copa, onde debutou Oier Sanjurjo, o xogador que competirá con él por un posto como central destro. Vila valorou positivamente o traballo do navarro: "Oier fixo un grandísimo partido. Alégrome moito por él, porque traballou moito mentras estivo lesionado. É bo para o equipo, e tamén para mín", suliñou.

Sobre o partido de mañá, Vila cree que "non haberá un dominador claro", e agarda que o equipo manteña a calma, e saiba aproveitar as súas ocasións mantendo a portería a cero. O ano pasado, o Xerez empatou case no desconto cun gol de Bermejo. Vila cree que ese é "un exemplo de como xoga o Xerez. Este ano será máis do mesmo, ten xogadores de calidade e aproveitarán o mínimo despiste". Entre estos xogadores destaca a José Mari, un xogador de "grandisimas cualidades" segundo Vila, co que "hai que estar moi concentrados, porque a pode liar en calquer momento", concluíu.

0 comments:

Publicar un comentario