Unidade


Onte asistimos a un dos meirandes bochornos deportivos da historia recente do noso clube. Pero o bochorno non só estivo no campo, senon que tamén acompañou nas bancadas. Oín argumentacións diferentes segundo a filiación de cada cal, e ao final iso é o que menos importa. Nesta confrontación entre afeccionados non hai nin víctimas nin culpables. Nin tampouco inocentes. Todos temos parte da culpa e todos temos na nosa mán evitar que algo semellante volva a acontecer.

Segundo parece, unha parte da afección recriminou a outra celebra-los goles do Girona, algo que, que eu saiba, aconteceu en tódalas gradas. Estou dacordo que é algo lamentable, que non se debería dar, pero asimesmo están no seu dereito. Pode que non o compartamos, pode que non nos guste, pero é así. A reacción a este tipo de actos non debe ser desproporcionado, e moito menos debe mediar a ameaza ou a violencia.

Todos cometemos erros. Ninguén está sempre á altura. Ogallá fose así, pero será imposible que todos opinemo-lo mesmo, e que todos estemos sempre dacordo. O mellor que podemos facer é estar unidos. A unidade será o que nos de a forza necesario para afronta-lo que nos queda de tempada con opcións de poder aportar algo útil ó equipo. O fin e o cabo, peor que os que celebran os goles do rival, porque entenden que o xogo do equipo non está á altura, son aqueles que prefieren quedarse na casa ou celebra-los éxitos de equipos de outras cidades. Os nove mil fenómenos que estábamos onte en Balaídos non somos os malos da película.

Agardo que non se repita nada do que se viviu onte en Balaídos. Somos poucos, xa o vedes en cada partido, e o mínimo que temos que facer é levarnos ben entre nós. Pode que non todos poidamos ser amigos, pero polos menos debemos respetarnos. Todos. Onte estivemos todos mal e non se pode repetir. Unidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario