Vídeo | Feito na Madroa: A historia de Aldrine Kibet



Neste novo episodio de FEITO NA MADROA coñecemos a historia de Aldrine Kibet, o novo talento queniano do Celta Fortuna. Desde os seus primeiros pasos co balón que lle mercou seu pai ata a súa chegada ao Celta, descubrimos o camiño que o levou a cumprir os seus soños lonxe da casa.

Kibet fala sobre a súa familia, a súa adaptación a Vigo e como atopou un segundo fogar no Celta. Tamén descubrimos a especial visita a unha granxa de Lugo que lle axudou a recuperar o sorriso, mentres coñecemos o talento e a proxección dun dos futbolistas máis prometedores da Canteira.

De Quenia a Galicia. Unha historia de fútbol, familia e soños por cumprir.

0 comments:

Publicar un comentario