Javi Rodríguez mostrouse "moi feliz" e "moi agradecido ó clube" despois de selar a súa renovación co Celta ata 2030. O defensa celeste destacou a súa evolución desde o debut na primeira xornada e recoñeceu que na súa primeira tempada no primeiro equipo non imaxinaba disputar tantos encontros. "Tentarei dar o mellor de min nestes anos que renovo e moi feliz", afirmou, lembrando tamén a segunda campaña, marcada pola participación europea: "Intentar facer os mellores anos posibles aquí e moi contento".
O futbolista sinalou tamén a importancia do traballo realizado nos últimos tempos para continuar medrando. "Claudio sempre me dixo que mellorara fisicamente", explicou Javi Rodríguez, que considera que foi gañando confianza cos seus compañeiros e progresando no seu rendemento. "Vou collendo confianza cos compañeiros e eu creo que mellorei, pero teño moito marxe de mellora", apuntou o defensa, consciente de que aínda ten percorrido por diante para seguir evolucionando como futbolista.
Sobre os obxectivos para o que resta de temporada, Javi Rodríguez apostou por manter a dinámica actual do equipo. "Agardemos seguir con esta racha ata que remate a temporada e veremos onde acabamos", sinalou. E, preguntado pola acumulación de partidos, o defensa foi claro: "Primeiro centrarnos no Celta e despois xa veremos o que ven".




0 comments:
Publicar un comentario