Allariz celeste celebra 10 anos de celtismo



Allariz Celeste celebra dez anos de celtismo
cunha xornada moi especial na súa sede, O Trasno. A peña ourensá conmemorou o seu décimo aniversario rodeada de familiares e amigos nun encontro que contou coa presenza de Hugo Álvarez, futbolista do primeiro equipo; Germain Milla, representante do Celta Fortuna; e Vlado Gudelj, en representación do club.

A celebración estivo marcada por un ambiente familiar, con pinchos, fotos, autógrafos e lembranzas do que foi unha década de historia dunha peña que conta actualmente con arredor de 60 membros de todas as idades.

O club quere felicitar a todos os integrantes de Allariz Celeste por estes dez anos de paixón e celtismo e agradecerlles o seu apoio e compromiso durante toda esta década.

Fonte: RC Celta 


0 comments:

Publicar un comentario