Borja Iglesias: "Tivemos o partido controlado pero custounos un pouquiño esa finura final"


Foto: Ángel Martínez / Getty Images

Borja Iglesias reapareceu tras a súa lesión no empate do Celta ante o Getafe (1-1), nun encontro no que o conxunto vigués levou o peso do balón pero non foi quen de traducir a súa superioridade en ocasións suficientes para pechar o partido. O dianteiro celeste destacou o control exercido polo equipo, aínda que recoñeceu as dificultades que presentou o cadro madrileño.

"Sensación de que fomos dominadores do balón, pero custounos un pouco transformar esa superioridade que tivemos con balón", explicou o atacante, que puxo en valor o traballo defensivo do Getafe. "Eles son un equipo tremendamente complexo a nivel defensivo porque xuntan moitas liñas, teñen xogadores moi físicos que defenden ben, que teñen capacidade para despregarse". A pesar das dificultades, considera que o Celta tivo o encontro baixo control durante boa parte dos 90 minutos: "Tivemos o partido bastante controlado, aínda que custounos un pouquiño esa finura final".

O Panda tamén se referiu ao seu estado físico despois de perderse os últimos partidos por lesión. O ariete recoñeceu que aínda ten ganas de recuperar completamente as sensacións e volver achegarse ao seu mellor nivel. "Ben, con gañas de máis, de atoparme cada vez mellor", sinalou. "É certo que unha lesión un pelín complexa porque non é moita cousa, pero é molesta e é unha zona un pouco complicada".

Borja Iglesias asegurou que a evolución está sendo positiva e que xa pensa en seguir contribuíndo ao equipo. "Atópome ben, con gañas de seguir medrando, mellorando e aportando. Moi feliz de estar de volta", concluíu.


0 comments:

Publicar un comentario