AFOUTEZA AWARDS 25/26 Humor a raudais e retranca a maís non poder. Traede o sorriso posto porque isto vai de brincadeiras varias e sobor de todo, de pasalo ben coa audiencia (qué é a protagonista). Unha noite de glamour, emoción, sospeitas arbitrais, balóns a Peinador, Cervi haciendo Spinning e nominados que aínda non saben se vir vestidos de gala… ou directamente co chándal de quentar no minuto 87. Teremos premios de máximo prestixio internacional como: 🥇 Bota de Plomo, para quen converte cada carreira nun documental de natureza. 👁️ Ollo de Torto, para ese pase que ninguén viu, incluído o receptor. 🧤 Mans de Manteiga, porque ás veces o balón non é un balón: é unha granada. 🎯 Contactus Minimus Penalti Maximus, o galardón que ningún defensa quere gañar pero varios defenderon con entusiasmo. 🧪 Científico Tolo!!, para experimentos tácticos que deberían vir con prospecto médico.
E, por suposto, o sempre emotivo Corazón Roto Pero Fiel, para eses partidos nos que querías apagar a tele… pero quedaches, porque o celtismo non se cura: acompáñase.
Hoxe repasaremos a tempada con humor, con datos, con retranca e con esa sensación marabillosa de dicir:
“Acabamos en Europa… pero non sabemos exactamente como sobrevivimos a todo isto”. As túas coronarias celtistas merecen esta homenaxe e este alivio tras sete meses de pura angustia.
Estarán os nominados, estarán as categorías, estará a audiencia…
e probablemente tamén estará alguén dicindo:
“Eu ese premio dáballo a Cervi, aínda que non xogase”. (Exacto!)
Así que preparade a vosa mellor roupa de gala:
bufanda celeste, pantalón de andar pola casa e cara de “eu xa sabía que isto acababa así”.
Porque hoxe en Afouteza Podcast, presentado para toda a xente de MoiCeleste, celebramos a gran gala da tempada:
Afouteza Awards 25/26
A única entrega de premios onde podes acabar nominado por correr pouco, pensar demasiado, facer un penalti ou simplemente provocar dor de barriga colectiva.
Hoxe vimos rirnos.
Hoxe vimos celebrar. Únete a resistencia Celta. Únete a Afouteza Podcast!!




0 comments:
Publicar un comentario