Vídeo | Xeración Celta: Hugo Sotelo e Borja Oubiña



Borja Oubiña e Hugo Sotelo protagonizan o segundo capítulo da serie “Xeración Celta”, un podcast dirixido e presentado por José Riveiro que reúne futbolistas que ocuparon a mesma posición no campo defendendo a camisola do Celta en distintas épocas.

Nesta ocasión é a quenda de dous mediocentros de enorme calidade: Hugo Sotelo, integrante do actual cadro de xogadores do Celta, e Borja Oubiña, que formou parte do equipo durante moitos anos e que hoxe integra o corpo técnico do conxunto celeste.

Unha conversa distendida e moi interesante na que se falou, sobre todo, de fútbol, con anécdotas divertidas e coa promesa de Hugo Sotelo de ser “máis responsable” no seu xogo.

0 comments:

Publicar un comentario