🔥 PREME QUE HOXE IMOS FORTES Arrancamos cun análise táctico profundo do Lille francés, repasando: As súas fortalezas colectivas Os xogadores clave que sosteñen o seu modelo Os seus mecanismos de ataque e defensa, con mini pizarra incluida Un repaso potente para entender como xogan, por que funcionan e que cousas poden facer dano aos seus rivais. 💣 MERCADO, POLÉMICA E SALSEO – A SAÍDA DE FRAN BELTRÁN E MOITO MÁIS Hoxe hai incendio, hai preguntas incómodas e hai tema: ¿Por que Fran Beltrán marcha dunha forma tan abrupta? ¿Que hai de certo no asunto Mingueza? ¿Por que seguimos sen recambios claros? ¿Está o clube navegando no modo outlet? ¿Que rumores chegan desde fóra sobre Tadeo Allende? ¿Hai algún tapado no mercado que aínda non saíu á luz? Sen filtros, sen guión oculto, sen anestesia. Coa verdade por diante e coa comunidade empuxando.
👥 O EQUIPO AFOUTEZA AO COMPLETO
A bordo, como sempre:
Bardo do Norte
'Tolo' Efrén
Gran Lebrownie
Dinky
Manu no son
Airam ao volante, guiando este barco entre risas, debates e algún incendio controlado.
😂 A AUDIENCIA, HOXE, COPROTAGONISTA ABSOLUTA
Participación en directo, preguntas, troleo, mensaxes lendas e bromas históricas do chat.
👉 O chat entra no programa como un convidado máis.
O que pregunte, respondemos.
O que provoque… arde.
🔥 HOXE: FUTBOL, SALSEO E RISAS EN ESTADO PURO
Actualidade celeste
Análise internacional
Rumores de mercado
A pizarra táctica
Xogos
E, sobre todo, comunidade
Isto é Afouteza Podcast:
💙 Celtismo con retranca
💬 Opinión sen filtro
😂 Humor do noso
🔥 Paixón real e directa.




0 comments:
Publicar un comentario