Borja Iglesias, convidado estrela na presentación da nova camiseta da selección galega



Borja Iglesias foi o convidado estrela na presentación da nova camiseta da selección galega, que, como é habitual nos últimos anos, foi elaborada pola marca alemá Adidas. A presentación tivo lugar na tenda Fútbol Emotion, no centro comercial Gran Vía de Vigo. O xogador salientou o impacto e a beleza da nova camiseta da selección galega, que visten as categorías inferiores, xa que lamentablemente a selección absoluta apenas xoga partidos.

Máis de 200 persoas déronse cita na nova tenda de Fútbol Emotion no Centro Comercial Gran Vía de Vigo para non perder detalle da presentación en sociedade da nova camiseta da Selección Galega.

Por parte da RFGF encabezaron a representación o presidente Pablo Prieto e o vicepresidente Fernando Iglesias. Ademais, a esta presentación tamén acudiron Ana Ortiz, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo; Carlos Cao, responsable de Relacións Institucionais do Celta; Sergio Álvarez, membro do Consello de Administración do club olívico; e representantes de adidas e Fútbol Emotion.

A nova e espectacular camiseta da Selección Galega xa está á venda tanto na nosa tenda oficial en liña como na tenda en liña de Fútbol Emotion e, como non, fisicamente na nova tenda da empresa no Centro Comercial Gran Vía de Vigo, así como na súa tenda na Coruña.


0 comments:

Publicar un comentario