¿Que podcast pode estar tan tolo como para adiantar o fin de ano un día coma hoxe? Afouteza Podcast faino posible. Toda a audiencia en directo! Quen queira poderá entrar a saudar a través do noso canal de voz. Solicita o teu enlace na comunidade en Telegram: https://t.me/AfoutezaPodcast/1. Entra en directo e comparte o teu celtismo con nós.
Hoxe, ás 16:30, Afouteza Podcast adianta unhas horas o fin de ano para despedirse da súa xente. Queremos brindar convosco, coa nosa audiencia e cos amigos que fixeron deste espazo algo máis que un podcast: unha casa común para falar do Celta, da vida e das paixóns que nos moven.
Será un episodio especial, con lembranzas, risas e algunha reflexión para pechar este 2025 que tanto nos deu. Porque a afouteza non é só unha palabra, é unha forma de estar no mundo, e hoxe queremos celebrala xuntos.
Non faltes. Ás 16:30, acendemos os micros e abrimos as portas para despedir o ano como se merece: con corazón celeste e compañía. Unéte e brinda con nos.




0 comments:
Publicar un comentario