O Celta apostou nos últimos anos pola canteira, que está fundamentalmente formada por xogadores galegos, e iso levouno a bater varios rexistros nos últimos tempos, pero poucos como o que se viviu onte, e do que dá conta a Afouteza e Corazón en X: Foi o partido con máis galegos na historia das competicións europeas.
Ata o de onte o Celta disputara 82 partidos en calquera das competicións europeas que xogou ao longo da súa historia, e nunca alineara de inicio a seis xogadores galegos. Os elixidos por Giráldez foron Manu Fernández, Sergio Carreira, Miguel Román, Hugo Álvarez, Iago Aspas e Pablo Durán. Media ducia de xogadores nacidos en Galicia, catro deles na provincia de Pontevedra, máis o ourensán Hugo Álvarez e o ferrolán Manu Fernández.
Este foi ademais o partido no que calquera equipo xogou con máis xogadores galegos na historia das competicións europeas, desde a súa creación en 1955. Nunca ata o día de onte un equipo europeo presentara un once inicial no que máis da metade dos seus xogadores fosen galegos. Un orgullo para o Celta e a súa canteira, e tamén para o fútbol galego, que ademais tivo na segunda metade outros dous representantes máis na figura do compostelán Borja Iglesias e do vigués Hugo Sotelo. Ademais, os autores dos tantos foron galegos: Iago Aspas anotou o primeiro, e o segundo, aínda que foi en propia porta, levou o selo de Borja Iglesias, que executou o disparo que posteriormente rebotaría nun defensa para dar a vitoria aos célticos. A palabra orgullo queda curta.
🩵6 GALLEGOS TITULARES
— AFOUTEZA E CORAZÓN (@AfoutezaRCCelta) October 24, 2025
🌟Primera vez en la historia del Celta que sale con 6 futbolistas gallegos al terrero de juego en un partido oficial EUROPEO tras 83 encuentros en competición europea:
Manu Fernández
Sergio Carreira
Miguel Román
Hugo Álvarez
Pablo Durán
Iago Aspas https://t.co/ByPOS9e9uJ pic.twitter.com/VNeuE1zNPu




0 comments:
Publicar un comentario