Borja Iglesias: "Sorpréndeme que se lle dea máis importancia a parar un evento deportivo que a un xenocidio"



Borja Iglesias leva anos distinguíndose pola súa implicación na denuncia de inxustizas sociais. Na rolda de prensa de presentación desta tarde foi interpelado polas protestas contra o xenocidio en Gaza, que obrigaron a adiantar en oito quilómetros a meta da etapa da Vuelta a España que rematou en Mos.

"Na miña rutina diaria non o vivín directamente, pero é algo que está moi presente na vida de todos. Creo que é importante saber parar e reclamar o que é irrenunciable: os dereitos humanos. Calquera momento é válido para tentar mellorar as cousas e para tomar conciencia das inxustizas que existen no mundo", explicou o dianteiro celeste.

O futbolista tamén fixo unha reflexión sobre o que recibe máis ou menos cobertura mediática: "O que me sorprende é que se lle dea máis importancia a parar un evento deportivo que a un xenocidio. Iso non acabo de entendelo, sinceramente", apuntou.

0 comments:

Publicar un comentario