O Celta selou onte o seu regreso ás competicións europeas despois de oito tempadas de ausencia, e fíxoo cun equipo con selo de autor, da man de Claudio Giráldez, e denominación de orixe. Todos os equipos que chegaron a Europa enchéron de orgullo ao celtismo, pero este ten características especiais que o converten en irrepetible.
O principal factor diferencial é a identidade, que conseguiu que o equipo conectase coma nunca coa afección. Esta tempada foron un total de 17 os xogadores galegos que participaron dalgún xeito, entrando en convocatorias do primeiro equipo. En moitos casos foron importantes, xa que sumaron 35 goles esta tempada, sen os cales sería imposible acadar o obxectivo. Esta é a maior cantidade de xogadores nados en Galicia coa que o Celta se clasificou para competicións europeas.
Javi Rodríguez
Sergio Carreira
Borja Iglesias
Iago Aspas
Iván Villar
Hugo Álvarez
Pablo Durán
Hugo Sotelo
Carlos Domínguez
Damián Rodríguez
Fer López
Iker Losada
Yoel Lago
César Fernández
Miguel Román
Tincho
Coke Carrillo
Abonda cunha comparativa coas últimas clasificacións do Celta para competicións europeas. Na tempada 2015-16 foron 9 os xogadores galegos que entraron nalgunha convocatoria ao longo de todo o curso, pero cunha participación moito máis modesta, xa que entre todos sumaron 14 goles, dos cales 12 foron obra de Iago Aspas.
Sergio Álvarez
Hugo Mallo
Jonny Otto
Iago Aspas
Rubén Blanco
Borja Fernández
David Goldar
Diego Alende
Borja Iglesias
Moito máis modesta foi a participación galega na anterior clasificación, xa que só foron dous os xogadores galegos que formaron parte do cadro. Borja Oubiña e Jonathan Aspas, que marcaron un gol cada un, polo que a achega de xogadores do noso país no aspecto goleador foi de dúas dianas.
Borja Oubiña
Jonathan Aspas
0 comments:
Publicar un comentario