Depois da derrota fronte ao Espanyol, Sergio Carreira non ocultou a súa decepción e foi claro ao sinalar que o Celta non estivo á altura das circunstancias. O lateral recoñeceu que o equipo cometeu erros que pesaron no resultado final, aínda que tamén quixo salientar que non todo foi negativo. "Non foi, nin moito menos, o noso mellor partido. Aínda así, creo que xeramos ocasións claras e fixemos algunhas cousas ben", comentou o xogador en declaracións a Celta Media.
Carreira insistiu na necesidade de facer autocrítica, pero tamén valorou o esforzo colectivo. "Hai que ser autocríticos e hoxe non foi o noso mellor día", admitiu, ao tempo que destacou que o Espanyol soubo poñelos en apuros. "É un equipo complicado. Son agresivos, saen ben e en transición son perigosos. En dúas xogadas illadas fixéronnos dous goles", explicou.
O canteirán celeste xa pon a mirada no próximo reto: visitar ao FC Barcelona nun dos escenarios máis esixentes da LaLiga. “Estamos nunha situación delicada e imos a un dos campos máis difíciles do campionato. Pero temos que ir sen medo, con moita forza, e co obxectivo claro de sacar o maior número de puntos posible”, concluíu con determinación.
0 comments:
Publicar un comentario