22/05/2021
LIGA
CELTA – BETIS (2-3)
Guion: RE
Debuxo: DAVIDA
Agradecementos: Arantxa Davos (deseño gráfico), Marcos
Bacariza (moiceleste)
ovarceleste@gmail.com
Tw - @oVARceleste
Ig – ovarceleste
Acabouse o Estado de Alarma! Logo de anos de sufrimento,
o Celta atopou a vacina para a súa pandemia futbolística: o Chacho Coudet. Nun
ano pasamos de estar na UCI a soñar con Europa cun equipo cheo de rapaces da
terra. Incrible!
Comezou a tempada cos ánimos celestes polo chan. O proxecto
de Óscar non enganchaba á afección e as nosas esperanzas estaban postas en…
Emre Mor? Vaia broma! Inda menos mal que chegou o Samaín, rodaron as cabezas e
Limoncio Junyent pasou á historia. Comezaba a Era do Chacho. O Celta estaba de
volta.
E volveu o fútbol, volveron os goles e volveron os
puntos. Volveu a afouteza, volveu a ilusión e volveu a paixón. Volveron os
xogadores que xa estaban pero sen estar. Volveron os retornados que xa retornaran
pero sen chegar. Volveron as vitorias, volveron as cervexas e volveu a conexión.
Volveu o derbi (en Barreiro) e, por fin, volveu a afección!
Grazas a todos por estar aí. Que teñades un bo verán!
P.D: O único que non volveu este ano foi o noso querido Serxio Álvarez, ao que vai dedicada a última tira da tempada. Grazas por todo Gato!
0 comments:
Publicar un comentario