o'VAR 100 | Muppet Show


24/06/2020
LIGA
REAL SOCIEDAD - CELTA (0-1)
Guion: RE
Debuxo: DAVIDA
Agradecementos: Arantxa Davos (deseño gráfico), Marcos Bacariza (moiceleste)
ovarceleste@gmail.com
Tw - @oVARceleste
Ig – ovarceleste


Ola amigos de moiceleste. Hoxe celebramos a viñeta número 100 de o’VAR!!!

Cen viñetas máxicas e únicas adaptadas a cada momento e a cada partido do noso Celta. Moi boas. Canela en rama. Cousa fina. Viñetas xeniais e non tan xeniais. Algunhas un pouco frouxas. Moitas directamente moi malas. A maioría sen puta graza. Son viñetas prescindibles. Unha perda de tempo para os lectores. Definitivamente son cen viñetas de merda. Buuuuu! Deixádeo xa. Estades a facerlle dano ao mundo…

Esta viñeta número cen está adicada a Statler e Waldorf, unha referencia moi vella que alguén pillará. Grazas estar aí.



0 comentarios:

Publicar un comentario