O Celta asinou este martes un convenio coa Xunta de Galicia para o apoio do club celeste na difusión da campaña contra a violencia de xénero. As actuacións do Celta pasan por publicidade no estadio de Balaídos, que se unirá a mensaxes nos videomarcadores e diversos vídeos coa participación de xogadores da primeira plantilla. O primeiro deles é este que compartiu o Celta no día de onte, no que participan Sergio Álvarez e Kevin, baixo o lema: “Sen ningún xénero de dúbido: Non!”
Fronte a violencia de xénero só cabe unha resposta 🚫 Sen ningún xénero de dúbida: NON!@Xunta e #Celta asinaron este martes en @ASedeRCCelta un convenio 📝 para o apoio do club celeste na difusión da campaña contra a violencia de xénero.— RC Celta (@RCCelta) October 22, 2019
0 comments:
Publicar un comentario