Necedades, inmundicias, O VAR e futbolistas twitteiros.


Roberto Soldado. "Lo que es, es"
A infancia é como un acubillo a nivel mental. En  múltiples aspectos da vida, a lembranza da nenez é un refuxio -ás veces case deformado e irreal - dun instante da vida no que todo nos parecía máis simple.

E o era moitas veces. Ou quizais non.

Mesmo no mundo do  fútbol, todo parecía máis sinxelo e real. Antes o defensa de turno dáballe unha patada ou unha boa ración delas ao dianteiro do equipo contrario  e o dianteiro en cuestión se podía devolvía a ración e un par delas maís por pura cortesía. Todo quedaba na cancha.  Coma din os arxentinos. 'Lo de la cancha, queda en la cancha... aunque me cague en la concha de madre'.

E había goles, e espectáculo. E gallardía e nobreza...

Era un pacto de cabaleiros. Un certo código de honra.

Antes isto era un deporte de contacto. E nese proceso do contacto había certos cánones. Os xogadores contactaban, cargaban, caían ao chan e comían lama.  O normal. O natural. Era unha parte do traballo. O  fútbol é técnica e velocidade; achega física, táctica e técnica. Pero na mesma medida é contacto, imposición, e forza. E o resumo era isto: Un certo código ético, un deporte de contacto,  con gallardía e respecto.
 Un escenario medido onde a batalla era lícita. E onde todo acababa ao finalizar.

E logo pasou o tempo.
Os seres humanos inventamos o puñeteiro Twitter.
E a  avoa púxose a fumar.

Agora, todo en aras o gran espectáculo, os nosos amados dirixentes pariron  un deporte que está máis preto dunha exhibición de piruetas do ballet de Bolshoi que dun nobre exercicio de posesión, dominio e vitoria usando un esférico. Por non falar do comportamento de determinados xogadores -estreliñas mundiais-  cando alguén lles rouba a pelota con algo de roce. As dotes interpretativos destes millonarios con balón son propias do Actor' s Studio. Pero gracias a elas, os árbitros os consideran ' xogadores sensibles' a determinado tipo de xogadas.

Só fáltanos envolvelos en plástico de burbullas ... e meterlles os  hueveciños en  alcanfor.

O  VAR é un gran invento se se usa con ecuanimidade e nobreza. Démosnolas moi felices o ano pasado co invento ( que en gran medida  ecualizou  as cousas a nivel de  resolucion de xogadas) pero este ano xa atoparon a maneira de que se poida usar a antollo e malgaste dunha determinada parte. O imperio  contrataca. E Darth Vader está na sala de arbitraxe.

E non contentos con toda esta  pamplinada, resulta que dentro das inmundicias do  fútbol moderno temos que contar -e xa cansa tanto alerdolado-  cos  twitters post-partido do  tipico  xogador coas súas  post-verdades. A un cánsaselle xa a alma de ver a tanto  bocachancla con  arroba no nome.

É de puro necio e mal profesional tentar influír despois dun partido, ensinando as feridas de guerra. O da cancha na cancha, lembran? Diso nada. Para algún os followers xustifícano todo, incluso o máis arraigado neste deporte. Pois nada, todo sexa polos malditos  followers que ben que lles  podian  followear por onde amargan os pepinos. E algún se saca fotos das raguñadas  do pé, para  decirselo ao seu  papi e que nos castiguen se é posible todavía mais. O que é a vida:  Cambiamos aos xogadores de futbol por unha raza de  malparidos frouxos de pantalón .  Pero eso sí: con  móvil e rede social.

E a un non lle deixa de parecer iso unha autentica inmundicia.

Os xogadores falan na cancha, non nunha foto en twitter. 

Os profesionais falan xogando, impoñéndose por criterios técnicos e tácticos e non a través de cento vinte e oito caracteres de escusas.

Cento vinte e oito caracteres de pura merda, no caso dalgún. E perdóanme a efusividade. Pero antes ás cousas chamábaselles polo seu nome.

E neso, eu prefiro non modernizarme.

0 comentarios:

Publicar un comentario