Precios para el Memorial Quinocho


O RC Celta afronta o vindeiro sábado 10 de agosto un partido moi especial correspondente ao XXIV Memorial Quinocho. O conxunto celeste enfrontarase á SS Lazio en Abanca Balaídos a partir das 20.00 horas. Os afeccionados que queiran ir ao partido poderán adquirir as entradas os días 9 e 10 de agosto nas billeteiras do estadio a un prezo de 5 e 10 euros en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas o día 9 e de 10.00 ao comezo do encontro o día 10. Os abonados non terán que adquirir unha entrada.

RC Celta

0 comentarios:

Publicar un comentario