ADOS premia á Fundación Celta polo seu apoio na doazón de sangue


O pasado venres 14 de xuño, con motivo do Día Mundial do Doante de Sangue, a “Axencia de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS)” recoñeceu a diferentes proxectos polo seu apoio ao importante labor que realizan. A Fundación Celta foi unha das entidades recoñecidas pola súa xa tradicional campaña de doazón de sangue que cada ano realiza baixo a denominación “Sangue Celeste”.

A tempada pasada esta iniciativa realizouse conxuntamente co RC Deportivo, que tamén recibiu o recoñecemento de ADOS. Primitivo Ferro, conselleiro do RC Celta e patrón da Fundación Celta, foi o encargado de representar ao club na cerimonia.

RC Celta

0 comentarios:

Publicar un comentario