Sergio: "Ata que fale co Celta non vou falar con outros equipos"


Foto: Marca
O futuro de Sergio coñecerá unha vez rematada a tempada. Ten contrato co Celta ata o 30 de xuño de 2020, pero o Celta pode rescindi-lo seu contrato de forma unilateral ao non chegar aos 19 partidos oficiais esta tempada. O gardamallas celeste ten clarísimo o que vai facer: 

“Non vou poñer trabas, son como son e non vou cambiar. Ata que remate a tempada e fale co clube non vou falar con outros equipos”, asegura, e tamén recorda que “mentras as matemáticas non digan o contrario, non estamos salvados. No fútbol poden pasar moitas cousas, así que hai que gañar para certificar a permanencia”. 

Un encontro no que Sergio agarda “gañar por nós, e sobre todo por darlle unha alegría á afección, que nos axudou moito”, sinalou onte nunha entrevista na Radio Galega. 

0 comentarios:

Publicar un comentario