![]() |
Foto: Marta G. Brea/Faro de Vigo |
O RC Celta quere expresar a súa estrañeza, así como a súa desconformidade e rexeitamento, polas declaracións realizadas polo adestrador de Las Palmas Atlético, Juan Manuel Rodríguez, sobre o xogador do filial celeste Iban Salvador tras o partido do pasado domingo na illa.
Estas declaracións, por mor da expulsión dun xogador local, son completamente improcedentes e inxustas, xa que, como se aprecia con claridade nas imaxes, o futbolista celeste levaba uns segundos no terreo de xogo e en ningún momento achegouse ou dirixiuse ao futbolista local, que lle pisa de maneira intencionada.
A acción, merecedora de expulsión, é inxustificable e as críticas do adestrador de Las Palmas Atlético a Iban Salvador son totalmente inxustas e improcedentes. Todos os protagonistas deste deporte deben facer o posible por potenciar o xogo limpo, cada un desde o seu lugar.
0 comments:
Publicar un comentario