‘Celeste Solidario’ continúa coa súa campaña de recolleita de xoguetes e alimentos. A actividade realizarase antes do Celta Leganés o venres 14 de decembro de 19:30 a 21:00 horas.
Tamén se realizará unha acción en colaboración co Celta Baloncesto Femenino o sábado 22 de decembro no Pabellón de Navia de 15:30 a 18:00 no partido contra o CBF Cerdanyola.
Todo o material irá destinado a Cáritas e as ONGs ‘La mano que ayuda’ e ‘A las 5’. Os xoguetes servirán para colaborar coa gala ‘Ningún neno sen xoguete’ que organiza La mano que ayuda.
A Fundación Celta de Vigo anima a todos os asistentes ao estadio o vindeiro venres a mostrar o seu lado máis solidario e colaborar coa causa destas asociacións que diariamente traballan por axudar a quen máis o necesita.
Nota de prensa
0 comments:
Publicar un comentario