![]() |
Foto: RC Celta |
O RC Celta, a súa Fundación e o celtismo renderon homenaxe a Nicolás Rodríguez nos prolegómenos do choque ligueiro ante o Getafe. O regatista, vigués e celtista, logrou a medalla de bronce na modalidade de 470 no Mundial de Dinamarca celebrado o pasado mes de agosto. Con este logro certificou ademais a súa clasificación para os Xogos Olímpiicos de Tokio 2020.
O deportista galego recibiu sobre o céspede do estadio unha camiseta asinada polo persoal do RC Celta de mans do vicepresidente Ricardo Barros e do director da Fundación Celta Germán Arteta.
Nota de prensa
0 comments:
Publicar un comentario