O Celta, primeiro club de LaLiga en formar a profesionais do fútbol en EEUU


Foto: RC Celta
O RC Celta foi designado por LaLiga como o primeiro club español en impartir formación online a profesionais do fútbol en EEUU, unha actividade coa que se busca promover o desenvolvemento do deporte rei no país norteamericano. O director da canteira celeste, Carlos Hugo García, e o responsable de metodoloxía do club, Eduardo Covelo, debutaron nesta prometedora experiencia cunha charla titulada “Crear unha cultura de club e mantela” da que puideron gozar os afiliados ao US Club Soccer, unha das asociacións de clubs máis importantes de Estados Unidos e coa que LaLiga mantén un convenio de formación.

A metodoloxía de traballo do RC Celta, desenvolvida co soporte da Fundación Celta, converteuse nunha referencia a nivel nacional e internacional, existindo cada vez máis demanda dos profesionais de A Madroa en todo tipo de accións formativas.

Nota de prensa

0 comentarios:

Publicar un comentario