O Celta, mellor equipo masculino nos Premios do Deporte Galego


O RC Celta foi galardoado este luns en Pontevedra como ‘Mellor Equipo Masculino’ nos ‘Premios do Deporte Galego 2017’ da Xunta de Galicia. O presidente do club, Carlos Mouriño, recolleu o trofeo nunha gala na que tamén foron premiados o Atlético Guardés como ‘Mellor Equipo Feminino’ e os vigueses AMFIV (mellor club de deportistas con discapacidade), María Pérez Araújo (mellor deportista feminina) e Susana García Gacio (mellor deportista con discapacidade).

0 comentarios:

Publicar un comentario