Mouriño valora facer unha enquisa entre os abonados para decidir se o Celta se vai de Balaídos


Foto: Ricardo Grobas/Faro de Vigo
Carlos Mouriño non desbota a idea de leva-lo estadio fóra de Vigo. O mandatario celeste confirmouno nunha entrevista concedida á TVG, na que deslizaba a posibilidade de facer unha consulta entre os abonados: “Podemos preguntarlle aos nosos socios, que son a parte principal e os que manteñen Balaídos, se tamén estarían dispostos a correr o risco de dicir “isto non hai posibilidade, isto non vai quedar ben, ímonos a outro sitio”, suliñou. 

Un dos problemas cos que se está atopando o Celta é que para sacar ao equipo da cidade necesita uns permisos que polo momento non ten, segundo aseverou o presidente céltico na debandita entrevista, na que volveu a pedir “un documento que plasme todos os acordos que se van facer” en relación coa zona comercial, estacionamento e recollidas de agua prometidas polo Concello ao Celta. 

A situación leva enquistada dende hai un tempo. Carlos Mouriño asegurou no seu momento que a saída do Celta de Balaídos era “irreversible” para máis adiante apuntar que xa non o era, e agora volver a decir que é unha posibilidade. 

0 comentarios:

Publicar un comentario