O vídeo co que o Unión Adarve se gañou ao celtismo


O Unión Adarve, vindeiro rival do Celta B na Liga, gañouse o cariño da afección celeste grazas a un vídeo que no que José Moreira, defensa central de Carballo que milita neste equipo madrileño, ensina a dous compañeiros unhas palabras en galego. Moreira xogou no Celta B na tempada 2012-13, cando o filial céltico estaba en Terceira División. Disputou 9 partidos aquela tempada que rematou co ascenso do Celta B á máxima categoría, e incluso participou tamén na promoción de ascenso. 

Posteriormente xogou no Pontevedra e no Bergantiños. O verán pasado chegou a Madrid para incorporarse a este equipo que vive a súa primeira experiencia na categoría de bronce e que desprende bo rollo a través das redes sociais. 

0 comentarios:

Publicar un comentario