O Celta contaxia a súa afouteza


O Celta fixo famoso esta primavera o termo Afouteza, lema do equipo durante toda a tempada e en especial nos partidos de semifinais da Europa League, onde tirou de Afouteza para poñer contra as cordas a todo un equipazo como o Manchester United. 

Esta palabra foi durante esos días a máis buscada no diccionario galego da Real Academia Galega da Lingua, e dende logo chegou para quedarse tal e como amosa a Sociedade Deportiva Piloño, que está pelexando pola Copa do Sar e emprega esta palabra no seu lema. 

“Na SD Piloño tamén temos Afouteza”, convertido ademáis en hashtag polo equipo de Vila de Cruces, que quere deixar claro que non se renderán para acada-lo seu obxectivo, como fixo o Celta na competición continental. 

0 comentarios:

Publicar un comentario