O Celta era Isto


Foto: Gonzalo Arroyo Moreno/Getty Images
Bielsa dicía - e con moita razón- que de cando en vez hai que fracasar para poder ter éxitos. Pode soar a escusa de perdedor pero na análise da propia frase a coherencia da mesma convértea nun argumento absolutamente irrebatible. Os argumentos de Bielsa xeralmente gozan dunha profundidade que case os converten en axiomas.

No Calderon  comprobamos que o proceso da xestión dun equipo é sempre un proceso de constante aprendizaxe, un proceso no que entran en xogo múltiples factores que aos que somos exóxenos a este mundo escápansenos. Os técnicos teñen os seus medos, as súas precaucións, as súas aprendizaxes,  os seus erros e cambios de criterio … En definitiva convertéronse en humans aos ollos da afección. Xa non son eses mariscales de campo implacables que parecían gozar de toda a verdade e non aceptaban a crítica como un dos factores do seu traballo. Os afeccionados celestes temos unha memoria fráxil para o que nos interesa.  Esquecémonos que o noso técnico, do mesmo xeito que moitos xogadores  goza dunha extraordinaria mocidade con respecto a outros competidores.

A Eduardo Berizzo non fai falla que saia ninguén a defendelo,. Nin eu nin ningún outro xunta letras do tres ao cuarto. A honestidade do seu traballo e a coherencia do mesmo son máis que suficientes para xustificar o seu papel protagonista nos éxitos do equipo nos últimos anos. Creo, amais, que non ten demasiadas axudas por parte da secretaría técnica -nin da anterior, nin do presente-  pero iso é unha cuestión que quizais sexan obxecto doutro artigo e non deste.

Pero non fago absolutismo:  Respecto firmemente a todas aquelas persoas que critican tamén ao adestrador, porque a súa opinión sempre que este enunciada dentro dos parámetros da educación e o respecto debe de ser ponderada. Así mesmo creo que todo desempeño profesional goza de altibaixos e de momentos de maior acerto e momentos de menor atino.  Como en calquera profesión. Porque somos humans. E coma somos humans o outro día, o noso mister, trabucouse.

Cosas do posto. Ao 'Toto' a parte humana pésalle. ( Pregúntenlle senon a Orellana)   Iso tamén lle leva a cometer erros, a estar nun constante proceso de aprendizaxe. Direi do 'Toto' o mesmo que dixeron en determinado intre de Bielsa: é un pensante, un reflexivo, un home disposto a examinar as súas formulacións una e outra vez ante o fracaso e tamén no éxito. Si algo demostrou o equipo contra o Atlético é que a visión do Celta como un ordeado atrincheramiento de recursos non era válido nin viable. O Celta é outra cousa. O Celta era o Celta de onte,  O Celta era isto, esta maneira de xogar, esta maneira de entender o fútbol, o trato exquisito á pelota, esta xeito de entrar na área rival, esta aposta en recursos que poidan resolver.  E o outro era outra cousa:  algo de  difícil  entendemento para o afeccionado que seguiu ao equipo nos últimos anos.  Cal foi o causante desta transmutación na copa? Xustifíqueno na plasmación dos medos tanto internos como externos e nas ganas de perpetuar o éxito, a  ansiedade pola consecución dun título.

Por iso hoxe, tras o choque do Calderón, atrévome a dicir que a derrota, inda que moi dolorosa, é  unha derrota menos amarga, sobor de todo porque sufrímos os ultimos dez minutos, pero antes estivemos por diante dun rival que ten tres ou catro veces a nosa capacidade orzamentaria. Porque  non esquezamos que isto é un xogo, porque tenemos que entendelo como o que e.. Porque  a esencia da bravura, da afouteza e o corazón é parte do ADN deste equipo sexa xogando en segunda división, ou ben disputando prazas de Europa liga. E onte entrámoslle a cara de can ao Atlético, ao mediático Atlético, ao equipiño de moda dos mass media  do último lustro,  para darnos de sopapos futbolísticos ben entendidos e pintarlle a cara de celeste. Porque é o que este equipo sempre soubo facer, sair a atacar e escachar os dentes, o peito ou o talón e Aquiles,  cos recursos que tivo . Independentemente do éxito acadado.

Toto sabe perfectamente o que fai. Iso inclúe os seus erros. É consciente deles. Aprende deles. Onte demostrou que non ten un único discurso senón que a formulación da semifinal de copa estivo plenamente condicionado pola necesidade de plasmación dun éxito.  Retorno a Bielsa e vostedes descúlpanme a recurrencia: ‘A relación éxito e fracaso foi fundamental na miña vida, pero o éxito e a felicidade non funcionan como sinónimos’. Quizá esta foi a frase que desmemorió Eduardo á hora de expor a semifinal. En calquera caso os tempos pretéritos non poden modificarse.  Deben  analizarse e usarse como fundamento de éxitos futuros. Pero iso non debe de ser unicamente unha tarefa do míster, senón tamén de todos nós. Debemos aprender dunha vez esta lección:  Ninguén cultivou éxito inmediato dunha maneira nobre, ninguén tivo un éxito inmerecido sen pasar antes polo doloroso calvario de morrer na beira.

Xa morremos demasiadas veces na beira: quizá sexamos os cadáveres máis listos do cemiterio, ou quizá - só un quizá - probablemente sexamos os  que cultiven éxitos máis pronto que tarde.   

0 comments:

Publicar un comentario