Despide ao Celta, esta tarde na Madroa



As peñas do Celta convocan a toda a afección ás 17:15 nas instalacións do Celta na Madroa para despedir aos nosos xogadores, que sairán ás 17:45 camiño de Peinador para coller o voo a Bilbao.

A idea é transmitirlles o noso apoio incondicional e a nosa enerxía para que mañá poñan todo no estadio de Mendizorroza. 

Todos soñamos con volver a unha final,  agora falta logralo.


0 comentarios:

Publicar un comentario