Afouteza, a palabra máis buscada no diccionario da RAG


Hai un tempo, o Celta decidiu tomar unha das palabras que se mencionan no seu himno para defini-lo seu proxecto. Afouteza, que foi a palabra central da última campaña de abonados: “Ensinémoslle ao mundo o significado de Afouteza”. Pois ben, parece que, dalgún xeito, está a conseguilo. 

Segundo publicou o club este venres, a palabra “afouteza” foi a máis buscada esta semana no diccionario da Real Academia da Língua (RAG). Un termo que a academia define do seguinte xeito: 

1. Disposición do espírito que leva a actuar ou a acometer calquera empresa sen temor aos perigos ou dificultades.
A afouteza do heroe non coñecía límites. 

SINÓNIMOS animosidade, audacia, denodo, ousadía, valor 

CONFRONTAR temeridade

2. Seguridade que alguén ten en si mesmo, carácter firme.
Ergueuse e respondeulles con afouteza. CONFRONTAR decisión, enerxía

0 comentarios:

Publicar un comentario