A redención da Madroa


RICARDO GROBAS

Era 15 de abril, 2012. Balaídos acollía a volta do derbi galego á cidade de Vigo cinco anos despois da última cita entre ambos. Celta e Deportivo enfontrábanse no alto da táboa clasificatoria de Segunda na procura do seu retorno á Primeira, uns de seguido tralo fatídico descenso do ano anterior, e outros tras un lustro de penurias na división de prata. Borja Fernández, declarado celtista nos seus anos de cativo, facía no desconto o 2-3 definitivo tras un partido cargado de emoción, tensión e goles. Os locais perecían ao carón da aréa tras moito nadar con dous goles en contra. Aquel testarazou do xogador ourensán esmagou moitas ilusións celestes esa mañá de domingo, e aínda que meses despois o equipo acadou o ansiado ascenso, a de entonces foi unha derrota imposible de borrar da lembranza, desas que firen o corazón e quedan grabadas a lume na pel.

Hugo Mallo e Iago Aspas estaban aquel día sobre o céspede de Balaídos. Tamén Fabián Orellana. Incluso Sergio, aínda que o de Catoira tivo que ver o partido dende o banco. Para calquera deles, especialmente para a parella do Morrazo, aquel golpe foi difícil de dixerir. Tamén os que chegaron despois con aquela triste visita a Riazor en marzo de 2013. "Non saben xogar os derbis", dicíase. E en certo modo non era mentira. A paixón, o exceso de motivación, a ansiedade, íalles en contra. 

Pero onte, onte sí, tiveron por fin a desexada redención. Se un celtista fose cuestionado horas antes do partido sobre que guión gustaríalle escribir para o mesmo, seguramente solicitaría unha goleada. A poder ser, con goles de Iago Aspas, quizás Hugo Mallo, e de paso Orellana, por non esquecer tamén aquel cruel tanto de Lassad. Dito e feito. As meigas aliñáronse e brindáronlle ao celtismo o derbi que anhelaba, ese que lle fora negado anteriormente incluso en momentos nos que a súa superioridade fútbolística sobre o eterno rival era manifesta. Ese derbi co que tamén dormía Iago Aspas e toda a xeración de canteiráns que rescataron ao clube en 2009, ascendérono en 2012, salvárono en 2013 e, aínda que con menor representación, metérono en Europa en 2016. O de Moaña, o de Marín, Jonny e Sergio foron a representación de todos eles. De todo o celtismo. Foi a reconciliación definitiva co derbi deste grupo, desta nova etapa do celtismo, e a demostración no cara a cara de que, dende hai un tempo, en Galicia manda o Celta.

Dixo Berizzo en rolda de prensa que o resultado foi abultado. Pode ser. Pero o certo e que só o Celta deu sensación de querer gañar o partido. Maniatou ao Deportivo nuns primeiros 25 minutos de bo nivel no que Wass rondou o gol. A partir de ahí perdeulle o ritmo ao envite. Pese ao 1-0 de Hugo Mallo, comezou a xogarse ao que quería o rival. Interrupcións, xogo lento e moito balón parado en contra. Así chegou o empate de Albentosa trala enésima falta lateral concedida. Foi o guión ata o penalti, que cambiou todo e desatou ao Celta. Entonces, con espacios, os vigueses reafirmaron a notoria superioridade do seu vagón ofensivo e Aspas atopou vía libre para saldar todas as súas débedas. Incluso o propio Garitano recoñeceu a diferencia de potencial, acrecentada por el mesmo antes de comezar, deixando fóra da lista ao turco Emre Çolak, a única nota imaxinativa dentro do plano e romo ataque coruñés.

Amosouse unha vez máis co Celta é máis e mellor con tres homes no centro do campo. Acertou Berizzo anclando a un excelso Radoja no pivote, situando a Tucu e Wass na mediapunta e botando a Orellana cara o costado dereito. Procuraba o Toto xuntar ao mellor do Celta contra o peor do Deportivo, e dese combate Orellana-Navarro saíron o primeiro e o segundo gol. O terceiro foi obra do propio chileno tras centro dun irregular Jonny, que pese a todo conseguiu aportar máis en ataque ca un desacertado Bongonda, novamente inocou co seu fútbol. 

Cabral e Ronclagia foron o sostén do equipo atrás, só inquedado polla sucesión de absurdas faltas laterais concedidas. Eles e un Hugo Mallo cada vez máis líder e cada vez máis decisivo en campo propio e tamén no rival. Merecía un día así. Igual que Iago Aspas, o que máis suspiraba por todo o que aconteceu. Foi verdugo en Balaídos do seu eterno enimigo. Non precisou do seu mellor partido, senón de frialdade para executar un penalti que borrase pantasmas, e de toda a súa pillería, velocidade e calidade para oficilaizar a goleada co cuarto gol. Toda a súa esencia nese tanto. Non houbo rabia na celebración. Só un bico a un escudo ao que lle debía unha actuación así. Foi a súa vinganza, a súa redención, a da Madroa, a de todos os celtistas que un día pensaron que os seus rapaces non sabían gañar derbis. Onte, por fin, todos eles deitáronse a descansar no trono reservado para o rei do fútbol gallego. 

0 comentarios:

Publicar un comentario