O Celtismo movilizase en internet en apoio ó Celta


Con motivo do partido de semifinais contra o Sevilla deste xoves, vai haber un movemento nas redes sociais a partir de este martes ás 13:00. Todo o que queira participar só ten que subir unha foto ás redes sociais (Facebook, twitter, instagram, etc... ) na que saia con algo do Celta e escrito ou impreso nun folio o seguinte Hashtag #RCCVaPorEles. Pódese escribir nun folio, imprimilo ou incluso se sabedes, retocar a foto no ordenador para poñelo.

Para aquelos que non estean en Vigo, é recomendable face-la foto nun sitio que se recoñeza de xeito doado. Se queredes, ademáis de publicalas nas redes sociais, tamén podedes facelo aquí, en moiceleste, compartindo co resto de usuarios as vosas fotos de apoio ó Celta. 

0 comentarios:

Publicar un comentario