O Celta homenaxea este sábado a "Pola", campión de Europa de Fútbol Sala coa selección española


Foto: Celta
O Celta homenaxeará este sábado o xogador vigués Adrián Alonso, “Pola”, que ven de proclamarse campión de Europa coa selección española de fútbol sala. Pola será homenaxeado antes do comezo do partido no que o Celta buscará dar un salto importante na procura de postos europeos. 

Adrián Alonso, nado en Vigo o 26 de xuño de 1988, xogou no Lobelle de Santiago antes de fichar polo potente Inter Movistar, onde gañou 2 Ligas, 1 Copa de España, 1 Copa do Rei e 2 Supercopas de España. Co Lobelle tamén gañou 1 Copa de España, e 1 Supercopa de España. En 2007 proclamouse campión de Europa na categoría Sub-21.

0 comments:

Publicar un comentario