O mexicano Javi Que abandoa o Celta


O Real Club Celta e o dianteiro do filial Javi Que alcanzaron hoxe un acordo para a rescisión do contrato do futbolista, quen xa se  desvinculou do club. O xogador mexicano, o primeiro que chegou ó Celta procedente da escola de Campeche, incorporouse ó equipo xuvenil e chegou a xogar no filial durante dúas tempadas. 

Debutou co filial o 14 de setembro de 2014, en un encontro ante o Astorga, da man de Fredi, que ocupaba o banquiño celeste. Esa tempada xogou 26 partidos marcando un gol. No presente curso soamente disputou 7 partidos, ningún deles como titular, e abandoa o club logo de non contar moito para Torres Gómez. 

0 comments:

Publicar un comentario