Iago Aspas pide que volten os partidos da selección galega


Foto: Miguel Riopa
Os partidos da selección galega son unha vella aspiración para moitos siareiros galegos que desfrutaron cos partidos que xogou a “irmandiña” entre 2005 e 2008. O cambio de cor política, xustificado polo custe que xeraban os partidos, acabaron con estos, pero cada vez son máis as voces que reclaman o regreso da selección galega. 

Entre os futbolistas profesionais non é habitual que se mollen demasiado neste tipo de asuntos, considerados máis políticos que deportivos. Onte Iago Aspas foi moi claro no programa En Xogo da Televisión de Galicia. Cando lle preguntaron se lle gustaría compartir dianteira con Lucas Pérez na selección galega, tivo moi clara a resposta: “Sempre dixen que me gustaría que volvesen os partidos da selección galega. Creo que é unha cuestión máis política que outra cousa”, suliñou. 

Iago Aspas e Lucas Pérez formarían unha dianteira temible, e que poucas seleccións europeas poderían igualar. Hai un tempo xa vos pedimos unha convocatoria da selección galega e o equipo resultante era temible. O traballo de canteira dos clubes galegos, en especial do Celta, deu os seus froitos e agora mesmo Galicia tería moitas opcións de facer un papel máis que digno nunha Eurocopa. 

0 comments:

Publicar un comentario