![]() |
Foto: Miguel Riopa |
Iago Aspas pasou onte polos estudios da Televisión de Galicia, como convidado no popular programa “En Xogo”, no que repasou a actualidade do Celta, tanto no último partido como no feito durante a presente tempada. Durante a entrevista preguntaronlle por Berizzo. Aspas non escatimou en eloxios: “Ten as ideas moi claras, os plantexamentos poden varias dependendo do rival, pero a idea sempre é a mesma”, resaltou.
O de Moaña recoñeceu ademáis que o xogo do equipo foi un dos motivos polos que voltou a Vigo: “Unha das cousas polas que voltei foi o nivel dos compañeiros, do equipo, pero tamén polo estilo de xogo”, apuntou: “Canto máis preto estás da portería contraria é máis fácil ter ocasións de gol. Eu aplaudo esa valentía que ten o míster. Ás veces sae ben, e as veces non, pero o equipo nunca baixa os frazos”, finalizou.
0 comments:
Publicar un comentario