7.000 euros e un ano de sanción para os siareiros do Celta retidos no Ferrol


Foto: La Voz de Galicia
A comisión Antioviolencia estableceu sancións para os incidentes acontecidos no amigable que xogaron o Celta e o Racing de Ferrol o pasado 2 de setembro na cidade departamental. O organismo impuxo unha multa de 7.000 euros e a prohibición de acceso aos recintos deportivos dun ano a cada un dos catorce siareiros identificados antes do comezo do partido entre ambolos dous clubes. Según dito Comité foron identificados como membros dun grupo radical e violento do Celta de Vigo. 

Os afeccionados foron interceptados pola Policía Nacional levando bates de béisbol e outros obxectos contundentes coa clara intención de comezar unha pelexa con afeccionados do equipo local. 

Multa de 60.000 por acceder a un estadio estando sancionado

Na Coruña tivo lugar a identificación dun afeccionado que tiña en vigor unha sanción con prohibición de entrada a espectáculos deportivos por un ano. Neste caso, a multa foi de 60.001 euros. 

0 comentarios:

Publicar un comentario