Sergio defende a Cabral e alega que tiñan permiso do técnico


UEFA

O gardamallas celestes, Sergio Álvarez, acudiu esta mañá á sala de prensa de A Madroa para valorar a actualidade do equipo. Antes de nada, foi cuestionado polo episodio no que se viu involucrado o seu compañeiro Cabral, quen foi denunciado por participar nunha liorta nocturna o pasado domingo de madrugada en Bilbao. O de Catoira defendeu ao seu colega: "Eu non sei nada máis co que contou Cabral no seu comunicado. Foi moi claro. Eu creo ao meu compañeiro e estou con el. Non teño máis que dicir". Porén, sí revelou un dato que non se fixera público aínda: "Non sei a que hora aconteceu nin o que pasou. Eu non estiven en ningún lado. O único que podo dicir é que tiñamos permiso do adestrador para dar unha volta logo da semana dura que tivemos".

Xa respecto ao encontro do vindeiro venres ante o Getafe, Sergio advertiu do potencial azulón: "Deron un paso cara adiante ante o Levante gañando por 3-0". Ademais, considera fundamental certificar o bo inicio ligueiro cunha vitoria antes do parón. "Marchar ao segundo parón do ano cunha victoria é importante para ter dúas semanas tranquilas e preparar os seguintes compromisos", concluiu.




0 comments:

Publicar un comentario