![]() |
Foto: LFP |
O parte médico deixou algunha novidade no relativo ao parte de baixas no Celta. Tanto Cabral como Pablo Hernández deixaron o terreo de xogo mancados, aínda que non revisten excesiva gravedade as súas doenzas. O arxentino Cabral ten unha contractura no xemelgo dereito, que non o descarta fronte ao Barcelona.
Pola súa banda, o internacional chileno Pablo Hernández sufriu unha escordadura leve no ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo, e igual que no caso de Cabral non está descartado para o vindeiro encontro, aínda que se valorará a súa evolución.
0 comments:
Publicar un comentario