Sergio xa é un dos capitáns do Celta


Foto: Iñaki Abella
O gardamallas catoirense, Sergio Álvarez, entra a formar parte da lista de catro capitáns do Celta, sustituindo a Oubiña, que o ano pasado non puido exercer pola lesión que forzou a súa retirada do fútbol. O meta canteirán leva moitos anos no Celta, xogando varias tempadas no filial, e chegando ao primeiro equipo gracias a unha ética de traballo que debe servir de exemplo para outros xogadores da canteira.

Pola súa banda, Augusto Fernández consolidase como o capitán principal do equipo. O arxentino comezará a súa cuarta campaña nas filas do Celta, amosando ter un gran carisma dentro do vestiario, o que fixo que os seus compañeiros o elixiran para ser o portador do brazaleta hai ano e medio.

O segundo de a bordo será Hugo Mallo, que ó o decano do plantel celeste. Chegou ó primeiro equipo no verán de 2009, sen pasar polo filial, e dende entón é un fixo no lateral dereito. Gustavo Cabral será o terceiro capitán e Sergio o cuarto en discordia. 

0 comentarios:

Publicar un comentario