Sergio: "Prefería que houbese dilema na portería"


RICARDO GROBAS

Sergio compareceu esta mañá na sala de prensa da Madroa para analizar a actualidade celeste. Antes de comezar, quixo enviar unha mensaxe de ánimo para o seu compañeiro Rubén Blanco, operado onte da súa luxación de clavícula. "É unha lesión similar á que tiven eu, así que seguramente vaise recuperar axiña e voltará a estar axudándonos", comentou. 

A lesión do gardamallas de Mos implicará o retorno á titularidade do de Catoira, quen non obstante asegurou que "prefería que houbese dilema na portería e poder competir con Rubén". Para rematar, non se mollou sobre a necesidade ou non de contratar outro porteiro: "non son ninguén para decir se hai que fichar ou non. Tanto Néstor coma Iván Villar fixeron a pretemporada con nós e estano facendo moi ben", declarou.









0 comments:

Publicar un comentario