![]() |
Foto: Marta G. Brea |
Eduardo Berizzo non solta prensa sobre cal será o gardamallas que utilice esta tempada, nin cando fala, nin cando dirixe deixa claro cal é a súa decisión, se é que xa a ten tomada. O pasado xoves, na rolda de prensa semanal, non se quixo mollar decantándose por ninguén, e se ollamos o feito nos partidos deste verán, vemos que ambolos dous xogadores estanse a repartir os minutos de maneira escrupulosa: 315 para cada un no que vai de pretempada.
Iso sí, aínda que non signifique nada, Rubén Blanco soe gozar de certos “privilexios”, sendo o meta titular nos partidos nos que se reparten os minutos, ou xogando os envites máis importantes, por exemplo Galatasaray, quizáis o partido no que Berizzo optou por un equipo máis “titular”. O de Mos terá ademáis a gran vantaxe de ser titular na primeira xornada pola sanción que recae sobre Sergio. Se o fai ben en Orriols pode ter a oportunidade de seguir no once inicial.
Pero Sergio Álvarez fixo unha espectacular temporada o ano pasado, así que Berizzo seguramente non esquecerá este detalle, e podería valorar seguir contando con él, a pesares de que a puxanza de Rubén Blanco, en quen se confía moito dentro do clube, é evidente. O vindeiro venres pódese despexa-la incógnita, aínda que é moi probable que o titular sexa Rubén Blanco, non por que eso implique que o sexa en toda a Liga, senón porque Berizzo buscará que teña confianza de cara ó partido perante o Levante, no que ten que xogar por obriga.
0 comments:
Publicar un comentario